A creación de VIVEIROS VALADARES S.L. esta motivada polo obxectivo de lograr a inserción laboral das persoas con discapacidade da bisbarra de Muros e as zonas adxacentes, onde VIVEIROS VALADARES desenvolve a súa actividade. Este obxectivo integrase plenamente na misión de acadar a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade e a mellora das súas condicións de vida.
Por outra banda, a propia misión da entidade contempla a potenciación do asociacionismo e a prestación de servizos que satisfagan as necesidades e expectativas das persoas con discapacidade.
Dado o traballo desenvolto por VIVEIROS VALADARES na súa área de actuación atópase en disposición de promover con éxito un centro de traballo acorde cos seus obxectivos e orientado a una actividade produtiva.
Por todo isto e tratando de cumprir os obxectivos establecidos no plan estratéxico, ADISBISMUR tomou a decisión de constituír una empresa SEN ÁNIMO DE LUCRO para a prestación dos servizos descritos, que coa cualificación de CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO posibilite a integración laboral das persoas con discapacidade que poidan estar en disposición de realizar este tipo de servizo.