¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

TELÉFONO DE ATENCIÓN AO CLIENTE: 981 764 377

SERVIZOS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Nos servizos que ofertamos en Viveiros Valadares distinguimos tres liñas de traballo claras:

 

Produción e venda de especies vexetais (plantas de tempada, forestais, árbores, arbustos, etc.)

Dispoñemos de moitas variedades distintas de plantas ornamentais de exterior, cultivadas nos nosos viveiros. Cultivamos as plantas desde o seu inicio multiplicándoas por semente, puga ou enxerto ata os exemplares medianos e de gran porte. A nosa gama de variedades está especialmente preparada para a comercialización en centros de xardinería e a súa plantación directa en obras e xardíns.

 

 

 

Prestación de servizos de xardinería e forestais

Xardinería:

  • Movementos de terras
  • Plantacións
  • Transplante de árbores e palmeiras
  • Céspede natural e artificial en xardíns, terrazas, piscinas, rotondas...
  • Axardinado de terrazas
  • Preparación de hortos urbanos e escolares
  • Subministración de xardineiras


Forestais:

  • Plantacións e repoboacións
  • Podas e tallas
  • Roces
  • Selvicultura preventiva e loita contra incendios
  • Roces de marxes en estradas

 

 

Produción e venda de produtos da horta

O 100% do produto que distribuímos conta con certificación ecolóxica e está exento de toda substancia química. No caso dos nosos produtos, elaboramos os nosos propios abonos e coidamos con mimo cada parte do proceso do cultivo.