¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

TELÉFONO DE ATENCIÓN AO CLIENTE: 981 764 377

VIVEIROS VALADARES

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

A creación de VIVEIROS VALADARES S.L. esta motivada polo obxectivo de lograr a inserción laboral das persoas con discapacidade da bisbarra de Muros e as zonas adxacentes, onde VIVEIROS VALADARES desenvolve a súa actividade. Este obxectivo integrase plenamente na misión de acadar a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade e a mellora das súas condicións de vida.

Por outra banda, a propia misión da entidade contempla a potenciación do asociacionismo e a prestación de servizos  que satisfagan as necesidades e expectativas das persoas con discapacidade.

Dado o traballo desenvolto por VIVEIROS VALADARES na súa área de actuación atópase en disposición de promover con éxito un  centro de traballo acorde cos seus obxectivos e orientado a una actividade produtiva.

Por todo  isto e tratando de cumprir os obxectivos establecidos no plan estratéxico, ADISBISMUR tomou a decisión de constituír una empresa SEN ÁNIMO DE LUCRO para a prestación dos servizos descritos, que coa cualificación de CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO posibilite a integración laboral das persoas con discapacidade que poidan estar en disposición de realizar este tipo de servizo.